ROCK EN FAMILIA é un espectáculo de música en directo para que toda a familia goce rockeando. En Rock en familia, grandes e pequenos gozan por igual da experiencia da música en directo, á vez que descobren a historia, as anécdotas e as cancións dalgúns dos artistas e grupos máis importantes e relevantes da historia do rock e o pop.
A través dos nosos contacontos e as mellores bandas tributo do país, en cada Rock en familia descubrimos a historia e as cancións dalgunha das figuras máis importantes da historia do rock e do pop.
O espectáculo consta de duas partes:
Na primeira, un contacontos narra de maneira breve e divertida a historia da banda á que se rende homenaxe en cada ocasión. Apoiándose en imaxes e cunha linguaxe para todas as idades, descobre a historia e as anécdotas máis interesantes do artista ou grupo ao que se dedica cada Rock en familia.
Na segunda parte, os seus mellores grupos tributo nacionais, fieis ás bandas orixinais tanto na música como na súa estética e posta en escena, realizan unha actuación en directo cos seus éxitos máis populares.
A duración do espectáculo é de ao redor de 70 minutos.
O volume das actuacións adáptase aos oídos dos máis pequenos para que poidan bailar e cantar xunto á súa familia e amigos ao ritmo das mellores cancións da historia do rock e do pop.
Agora, Rock en familia chega por fin a Narón para ofrecer un espectáculo que non che podes perder, DESCUBRINDO A AC/ DC con BLACK BACK BAND en directo.