Abandonaron, primeiro un e logo o outro, a habitación do hotel. Só un sabía que se trataba da última vez. O outro atravesou a rúa, mercou flores despois de tomar un café, rodeado de fumadores desterrados, e así poder chegar á casa cheirando a rutina.
Cando abriu a porta ela recibiuno co bico alegre dos días de flores. Non foi ata rematada a cea que a tristeza sentouse entre eles no sofá.
- Despedíronme. Imos ter que recortar gastos. A partir de mañá deitámonos na casa. Vale?
Mario Caneiro