Lo sentimos, el registro ha finalizado.

Benvidos á segunda edición do festival Porta Máxica de Ferrol, un evento organizado polo Concello de Ferrol que traerá á nosa cidade, por segundo ano consecutivo, a algúns dos mellores ilusionistas nacionais e internacionais. Durante o 2, 3 e 4 de xaneiro, a ilusión vai invadir Ferrol en forma de diferentes actividades: obradoiros, nos que os máis pequenos poderán aprender a facer maxia, actuacións no Complexo Hospitalario Universitario, na Residencia de Maiores e, por suposto, no Teatro Jofre, que será o anfitrión das galas de maxia. O Concello de Ferrol fará aparecer a todo tipo de magos para a ocasión: cómicos e elegantes, maiores e novos, clásicos e innovadores, así como artistas doutros países e da nosa propia terra. Estes profesionais da maxia atravesarán a Porta Máxica, e chegarán a Ferrol para traer toda a súa ilusión.


  • Fecha:03/01/2019 22:30
  • Ubicación Ferrol (Mapa)

Descripción

Xoves 3

11:00 - Obradoiro de maxia 

Biblioteca Municipal (Praza de España)


12:30 - Obradoiro de maxia 

Centro Cultural Carballo Calero


17:00 - Espectáculo de Joshua Kenneth

Centro Cultural Torrente Ballester - Entrada libre


19:30 - Gala de maxia Lorc & Julit co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín 

Teatro Jofre

COMPRA ENTRADAS AQUÍ


http://www.portamaxica.com/

ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO